InnoEducatic 2025
Data inicial
Data final
Lugar
As Palmas de Gran Canaria
XII Xornadas Iberoamericanas de Innovación Educativa no ámbito das TIC e TAC
Nesta edición, InnoEducatic 2025 propón poñer o foco, entre outras actuacións, nas metodoloxías con vocación social, que impulsan a formación de estudantes conscientes, comprometidos e preparados para contribuír de maneira significativa á transformación da súa contorna.
Doutra banda, o congreso busca contribuír con propostas con intelixencia artificial, tanto como recurso para enriquecer as experiencias educativas, como obxecto de análise crítica en relación coas súas implicacións pedagóxicas, éticas e cognitivas.