A Asociación Galega de Dislexia, AGADIX, en colaboración coa Deputación de Lugo, organiza baixo o lema "Investigación, tecnoloxía e práctica na dislexia" as III Xornadas Galegas de Dislexia que se celebrarán os días 18 e 19 de outubro de 2013, no salón de actos da Deputación Provincial.
Os asistentes, ata un máximo de 165, serán admitidos por rigorosa orde de inscrición, rematando o prazode inscrición no momento en que se cubran as prazas e, en todo caso, o día 11 de outubro de 2013.