III Xornadas de tratamento da diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas
A Asociación Nós Mesmas organiza as "III Xornadas de tratamento da diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas" nas que se abordarán contidos e compartiranse experiencias que se están a desenvolver nos centros educativos, co obxectivo de formar a comunidade educativa, a futuros profesionais da educación, así como a especialistas en psicoloxía, pedagoxía etc. interesados en adquirir formación para introducir a diversidade afectiva, sexual e de xénero no seu labor coa infancia e a mocidade para a inclusión da diversidade e a prevención da discriminación por LGBTIfobia.
O evento celebrarase o sábado 30 de novembro no IES Audiovisual de Vigo.
A inscrición para o profesorado é a través de FProfe. As demais persoas interesadas poden inscribirse nesta ligazón.