III Xornadas de Orientación Artística e Profesional
As III Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2026) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional e ensinos Artísticos (ordinaria e básica) que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.
As xornadas organízanse en:
• VISITAS GUIADAS ás instalacións de cada un dos ciclos de FP e dos ensinos artísticos, complementadas con charlas informativas.
• Unha PRESENTACIÓN DOS ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO que se poden cursar en Galicia; e visita á EASD Pablo Picasso.
• E unha CHARLA SOBRE A FP BÁSICA, dos ciclos que se imparten en 4 centros públicos de FP da cidade: CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES Fernando Wirtz, IES Rosalía Mera e IES Urbano Lugrís.
O prazo de inscrición para o alumnado da Coruña empeza o 19 de xaneiro, e o 26 de xaneiro para o alumnado matriculado en centros de fóra da cidade.