A III edición das Xornadas de Innovación Educativa celebraranse na EGAP (Escola Galega de Administración Pública) de Santiago de Compostela o venres 22 de novembro pola tarde e o sábado 23 de novembro durante todo o día. Os obxectivos desta actividade serán:
- Coñecer os modelos de innovación predominantes nos sistemas educativos actuais. - Analizar o estado actual da innovación educativa no sistema educativo galego. - Coñecer e difundir experiencias innovadoras que estean a desenvolverse no sistema educativo galego.
O prazo de inscrición remata o 24 de outubro de 2013.
A inscrición realízase accedendo a FPROFE co usuario do correo EDU.