O 29 de maio terá lugar a III Xeira CLARIAH-GAL, unha nova edición desta xornada dedicada ás Humanidades Dixitais e ás tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais.
A Xeira, promovida por CLARIAH-GAL, o nodo galego de CLARIAH-ES, busca favorecer o intercambio de coñecemento e a creación de redes entre investigadoras e investigadores que traballan nestes ámbitos. Celebrarase no salón de graos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.