A Asociación TDAH Salnés de Vilagarcía de Arousa organiza as II Xornadas sobre acoso escolar que se celebrarán o sábado 29 de abril de 2017 no Auditorio de Vilagarcía de Arousa. Baixo o lema ”Alza a túa voz contra o acoso”, a xornada, aberta e dirixida a pais e profesionais da educación, contará con importantes relatores especialistas na materia.
O obxectivo do encontro é crear un espazo de formación, información e concienciación deste problema para intervir e tomar posición contra esta modalidade de violencia.