II Xornadas Internacionais de Educación Ambiental do CEIDA
Data inicial
Data final
Lugar
Oleiros (A Coruña)
O CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) creado co fin de coordinar, dinamizar e promover a Educación Ambiental en Galicia, organiza estas Xornadas que se celebrarán no castelo de Santa Cruz (Oleiros) na semana do 23 ao 27 de abril. Van dirixidas a educadoras/es ambientais, educadoras/es sociais, dinamizadores/as culturais, técnicos/as municipais, profesionais do ámbito da xestión ambiental, profesorado e público xeral interesado.
Ao longo da semana haberá conferencias, mesas redondas e exemplos de boas prácticas coas que se perseguen os seguintes obxectivos:
- Crear un marco de reflexión sobre a historia e os desafíos da Educación Ambiental como ferramenta para contribuír á sostibilidade e á mellora da problemática ambiental.
- Reflexionar sobre o estado e os problemas da Educación Ambiental en Galicia e outros países con afinidades culturais e lingüísticas como son Portugal, Brasil e Cabo Verde.
- Contribuír á formación e á mellora profesional dos educadores ambientais para aumentar a eficacia do uso da Educación Ambiental como ferramenta de intervención social.
- Robustecer as relacións de cooperación internacional entre administracións e os educadores ambientais.
A inscrición é gratuíta e o nº de prazas é limitado.