II Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no ensino
Esta actividade, coorganizada polos Departamentos de Filoloxía Galega e Didáctica da Lingua e a Literatura da USC, pretende, por unha banda, suscitar unha reflexión sobre a necesidade de repensar o papel da literatura galega no ensino secundario, dentro dun contexto cultural radicalmente modificado polas novas tecnoloxías, e, por outra, reforzar as canles de comunicación entre o profesorado de educación secundaria e o universitario, co obxectivo último de ir axeitando a formación dos estudantes ás necesidades e demandas do mercado de traballo e da sociedade galega.
Concíbense como un foro de encontro do profesorado especialista en lingua e literatura galegas, tanto no ensino medio como no universitario, mais tamén de todas aquelas persoas interesadas en abordar os desafíos que hoxe supón o ensino de calquera literatura nun ámbito cultural como o galego.
As xornadas, que se celebrarán os días 6 e 7 de marzo na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago, están recoñecidas como formación permanente do profesorado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con 12 horas lectivas.
O prazo de matrícula remata o día 3 de marzo de 2015.
Toda a información AQUÍ