II Xornada sobre coeducación rural, ecofeminismos e diversidades
Nova Escola Galega organiza, na sede do Sindicato Labrego Galego, en Vilalba, esta actividade formativa baseada na aprendizaxe cooperativa, co fin de acadar os seguintes obxectivos:
- - Coñecer a importancia do xénero, as estéticas, a orientación sexual e a identidade de xénero na dimensión individual, grupal e comunitaria.
- - Abordar a resiliencia identitaria, a expresión de afectos e a xestión amatoria no desenvolvemento persoal e colectivo das mulleres e persoas LGTBI do rural.
- - Profundar nas diferentes formas de violencia de xénero e de bullying contra o colectivo LGTBI, así como as sucesivas formas de colonizar e agredir o medio rural.
- - Asumir estratexias prácticas para aplicar os feminismos na realidade educativa da vida rural.
- - Comprender as vantaxes e beneficios da praxe coeducativa dende un enfoque emancipatorio, intercultural e rural.
Os destinatarios desta actividade, cunha duración de 20 horas de formación, son:
- Profesorado
- Educadores/as en xeral que sexan autónomas/os, docentes no eido do ensino non formal, cooperativas de ensinanza, animadoras/es socioculturais e dinamizadoras/es comunitarias/os, etc.
- Estudantes de Maxisterio, Socioloxía, Traballo social, Educación social, etc.
- Persoas vinculadas a asociacións culturais e de mulleres, LGTBI, etc.
A metodoloxía didáctica presentada busca a participación activa en base á problematización de casos e á deconstrución de ideas previas. Para esta tarefa farase uso de técnicas educativas colaborativas como son o videofórum, os grupos de discusión e role-playing; ademais xeraranse mapas conceptuais e brainstorming buscando en todo momento a creatividade colectiva.