CLARIAH-GAL é o nodo galego de CLARIAH-ES, infraestrutura de investigación dixital distribuída constituída por un grupo multidisciplinar de expertos de dez institucións españolas de investigación.
A II Xeira CLARIAH-GAL pretende ser un espazo para dar a coñecer estas infraestruturas, así como para difundir e pór en contacto proxectos e grupos de investigación galegos que traballen no ámbito das Humanidades Dixitais e das tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais.
O evento celebrarase o venres 9 de maio de 2025 no salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC.