Este Congreso, que conta coa colaboración da Fundación Princesa de Girona, Mórula Asociación Educativa e a Asociación de Mestres de Colexios Rurais Agrupados de Galicia, pretende ser un punto de encontro para quen conforma a comunidade educativa rural. Está dirixido principalmente ao profesorado de toda España, axentes das administracións educativas e expertos no ámbito do ensino rural.