II Congreso Internacional de Paratradución, Interlinguas e Transmedia
Data inicial
Data final
Lugar
Vigo (Pontevedra)
Organizado polo Grupo de Investigación TI4 Traducción & Paratraducción (T&P) da Universidade de Vigo en colaboración coa Universidade de Córdoba e a Universidade de Alacant, este congreso realizarase, tanto en modalidade presencial como en rede, do 25 ao 27 de marzo de 2026 na Facultade de Filoloxía e Tradución de Vigo.
Os eixes nos que se centrará o evento son:
- Tradución e interpretación na era dixital.
- Pedagoxía e didácticas dixitais das linguas.
- Intelixencias artificiais (IA) no tratamento automático das linguas.