II Congreso Innovación Educativa ENAP
Nesta segunda edición, ENAP pretende reflexionar sobre a dimensión ética do proceso de ensino-aprendizaxe e o compromiso pedagóxico do educador, vinculando a tarefa docente e a reflexión filosófica que nos permita afondar no porqué das novas experiencias didácticas e os seus resultados, así como no obxectivo final destas.
Sobre a base desas premisas, a primeira xornada: "Ensinar a pensar, aprender a vivir. Dimensión ética da aprendizaxe", está centrada en ofrecer un marco de reflexión sobre a filosofía e a súa aplicación no ámbito da educación: no papel do docente fronte a esa dimensión ética; no seu compromiso e responsabilidade no exercicio do seu labor pedagóxico e nos desafíos éticos e educativos ante o contexto social no que nos movemos.
A segunda xornada: "Ensinar a pensar: estratexias didácticas" busca que o alumno aprenda a aplicar o que aprende, e a vivir o que significa resolver os problemas que a súa vida persoal e profesional requira.
Xa na terceira xornada: "Talleres de pensamento", aplicaranse estratexias relacionadas co exposto nas dúas primeiras xornadas.
Máis información na WEB