II Congreso de Psicoloxía Aplicada ao Fútbol
Tras o éxito obtido na primeira edición, realizada en Zaragoza e organizada pola Fundación Real Zaragoza e a Facultade de Ciencias Sociais e do Traballo da Universidade de Zaragoza, o congreso dá un paso adiante e terá como novidades, ademais das conferencias, mesas de debate e talleres, un foro de encontro entre os profesionais (relatores e personalidades invitadas), paralelo ao congreso, no I Encontro Internacional de Psicólogos de Fútbol.
Este congreso é unha excelente oportunidade para que adestradores, psicólogos, médicos, fisioterapeutas, directivos de escolas de fútbol e de clubs deportivos, futbolistas e todos aqueles profesionais relacionados co fútbol compartan experiencias e coñecementos e establezan lazos de colaboración profesional.
Máis información AQUÍ