I Xornadas de actualización en lingua galega e literatura no ensino
Data inicial
Data final
Lugar
A Coruña
O Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega da Universidade da Coruña (ILLA) organiza estas xornadas que se celebrarán os vindeiros días 13 e 14 de abril, en sesión de tarde, na sala de xuntas da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña.
Inscrición ata o 12 de abril a través do enderezo clourenzo [at] udc.gal (clourenzo[at]udc[dot]gal) indicando nome, apelidos e número do documento de identidade.
As persoas asistentes recibirán un certificado de participación emitido pola Vicerreitoría de Planificación Académica e Innovación Docente da UDC.