I Congreso Internacional de Paratradución, Interlinguas e Transmedia
Data inicial
Data final
Lugar
Vigo (Pontevedra)
Organizado polo Grupo de Investigación TI4 Tradución & Paratradución (T&P) da Universidade de Vigo en colaboración coa Universidad de Córdoba, este Congreso Internacional de Paratradución, Interlinguas e Transmedia (ParatradIT), que se celebrará do 20 ao 22 de marzo na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, pretende ser a primeira edición dunha serie de eventos científicos que, ao longo dos anos, estudarán as circunstancias sociais, culturais, políticas e, sobre todo, tecnolóxicas vixentes para traducir entre linguas (interlinguas) na era das narrativas transmedia en pantalla e fóra dela.