O Claustro Virtual de Coeducación vén de presentar o seu "I Congreso Internacional de Coeducación y Género" que se celebrará os días 27 e 28 de outubro de 2018 no Auditorio Universidad Carlos III - Campus Leganés (Madrid).
Con esta actividade formativa, o Claustro, que realiza toda a súa actividade a través das redes sociais, realiza a súa primeira actividade non virtual. A composición do programa de relatoras e relatores xunta referentes ben destacados da coeducación: Amparo Tomé, Marina Subirats, Carmen Ruiz, Miguel Ángel Arconada, Chis Oliveira, Elena Fernández, Isabel Menéndez, Marta Fernández, Erick Pescador, Mercedes Sánchez-Vico, Chus López e Paqui Vega.