I Congreso Internacional "Coñecemento, tecnoloxías e ensino: políticas e prácticas universitarias"
Organizado pola Universidade Nacional de Córdoba (Arxentina) e a Universidade de Santiago de Compostela, forma parte do conxunto de actuacións levadas a cabo pola REDE UNISIC (Universidade e Sociedade da Información e o Coñecemento) dende 2006, co apoio da AECID (Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento).
Ten como propósito fundamental posibilitar un debate, por e para universitarios, sobre algúns dos problemas contemporáneos das universidades. Preténdese reflexionar sobre as relacións entre as políticas e as prácticas nas universidades, nas economías e sociedades da información e o coñecemento, incidindo en como afectan aos procesos de ensino e aprendizaxe.
Correo:
conocimiento.tecnologia [at] usc.es (conocimiento[dot]tecnologia[at]usc[dot]es)