Foro Internacional de Contidos Dixitais
Desde Red.es estase organizando a sexta edición do Foro Internacional de Contidos Dixitais (FICOD), que terá lugar do 2 ao 4 de decembro no Palacio de Congresos de Madrid co obxectivo de responder ás inquedanzas do sector dos contidos dixitais en España. Este evento reunirá baixo un mesmo teito os principais actores das diferentes áreas que o compoñen: audiovisual, música, videoxogo, publicidade e márketing dixital, comercio electrónico, aplicacións, redes sociais, e-learning, publicacións e servizos e produtos tecnolóxicos para contidos dixitais. Neste sentido, resulta especialmente interesante para os alumnos de Educación Primaria e Educación Secundaria o Eixo Talento.
O evento poderase seguir por streaming na páxina web oficial.
Acceso ao PROGRAMA.