Fórmulas de éxito de xestión da investigación en España
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as xornadas "Fórmulas de éxito de xestión da investigación en España. Ideas compartidas para a posta a punto da contorna galega" que se desenvolverán no edificio Cimus, na capital de Galicia, os días 5, 12, 18 e 19 de xuño en horario de mañán. O obxectivo é reflexionar sobre os diferente modelos de xestión que están a funcionar en España co fin de poder aproveitar en Galicia as claves das fórmulas de demostrado éxito, para o que se contará coa presenza de recoñecidos expertos neste eido do Estado.
Os interesados en participar, ao foro completo ou por sesións, deberán cubrir o formulario adxunto e remitilo a promocioncientifica.educacion [at] xunta.es (promocioncientifica[dot]educacion[at]xunta[dot]es). O nº de prazas dispoñibles é de 45.