Formación profesional: emprego en tempo de crise
Data inicial
Data final
Lugar
Santiago de Compostela
O vindeiro mércores 24 de abril de 2013 realizarase no CIFP Politécnico de Santiago, unha xornada formativa destinada aos profesionais da especialidade de orientación educativa.
Tratarase con especial atención:
- a importancia da busca de emprego en tempos de crise
- o emprendemento desde o sistema educativo
- a FP Dual
- as probas libres para a obtención de títulos de FP
- as habilidades profesionais
- o proceso de recoñecemento, avaliación e acreditación da competencia profesional da poboación traballadora.
O prazo de inscrición remata o día 19 de abril de 2013. Os interesados poden realizar a inscrición no enderezo http://www.edu.xunta.es/fprofe empregando como criterio de busca a referencia G1202022.
Descargar o PROGRAMA