Experiencias e metodoloxías de educación inclusiva
Organizada pola Federación Down Galicia, esta xornada terá lugar o sábado 5 de novembro de 2016, na sede de Down Galicia en Santiago de Compostela.
Dirixida aos equipos de profesionais docentes, de orientación e directivos dos centros docentes de infantil, primaria e secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia, esta xornada de aprendizaxe contribuirá á mellora da sensibilización e formación dos participantes na utilización de metodoloxías inclusivas e boas prácticas como medida de atención e optimización do proceso de inclusión educativa do alumnado con maiores necesidades de apoio educativo. Os seus contidos estarán centrados, fundamentalmente, na presentación de testemuños e experiencias de profesionais da educación.
A actividade está homologada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e será gratuíta para as persoas participantes.
O prazo de inscrición remata o venres 28 de outubro e as prazas serán adxudicadas por estrita orde de inscrición.