escolaTAC
O sábado 3 de decembro terá lugar na Escola Galega de Administracións Públicas (EGAP) en Santiago de Compostela a segunda edición de escolaTAC ESO/Bacharelato.
escolaTAC é unha actividade organizada polo Centro Autonómico de Formación e Innovación que está centrada en obradoiros nos que os docentes das etapas de ESO e Bacharelato terán a oportunidade de experimentar e poñer en práctica diferentes enfoques metodolóxicos (aula invertida, creatividade, intelixencias múltiples...), integrando medios tecnolóxicos (dispositivos móbiles, impresión 3d, robótica…) e utilizando novas linguaxes (creación audiovisual, programación…).
O prazo de inscrición para esta xornada remata o xoves 10 de novembro e as prazas para os obradoiros son limitadas. A inscrición debe facerse a través de fprofe (Código G1602004).
Esta xornada completarase coa edición para Infantil e Primaria que terá lugar no segundo trimestre do curso 2016/17e cuxa inscrición tamén está aberta.