Escolas creativas, empresas innovadoras
Con motivo da Semana Mundial da Creatividade e a Innovación, APD (Asociación para o progreso da dirección) e a Xunta de Galicia organizan a xornada Escolas creativas, empresas innovadoras, na que expertos do ámbito educativo e empresarial debaterán e poñerán sobre a mesa temas como a promoción da creatividade na contorna laboral co fin último da innovación empresarial, a necesidade dunha adaptación eficiente dos actuais estudantes ao mercado de traballo ou a importancia de promover a incorporación e práctica do pensamento creativo nas aulas, atendendo ás demandas do mundo empresarial e do novo contexto económico.
O evento celebrarase na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o vindeiro 20 de abril, unha data que coincide co nacemento dunha das mentes máis creativas da Historia: Leonardo da Vinci.