Educación e alumnado xordo en Galicia
Data inicial
Data final
Lugar
Santiago de Compostela
A FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia), no marco da colaboración que mantén coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e dentro das actividades incluídas no seu Plan Estratéxico 2014-2016, celebrará o 30 de abril en Santiago de Compostela esta xornada.
O obxectivo principal da mesma será o de compartir boas prácticas e experiencias que se están levando a cabo actualmente en centros educativos da comunidade que escolarizan a alumnado xordo.
A actividade está dirixida, preferentemente, aos seguintes destinatarios:
- Profesorado de centros de ensino non universitario sostidos con fondos públicos.
- Intérpretes de lingua de signos en centros educativos.
- Alumnado xordo ou con discapacidade auditiva de ensinos postobrigatorios (bacharelato, ciclos de formación profesional, universidade...)
- Especialista en LSE (Lingua de signos española).
O prazo de inscrición na actividade, que é gratuíta, finalizará o vindeiro 25 de abril.
Máis información e inscrición na WEB da FAXPG