Educación Ambiental cara á sustentabilidade
Data inicial
Data final
Lugar
Barcelona
Terceiras Xornadas Paneuropeas
Os días 1 e 2 de outubro terá lugar en Barcelona, no Recinto Modernista de Sant Pau, a terceira edición das Xornadas Paneuropeas de Educación Ambiental cara á sustentabilidade, organizadas no marco da presidencia de Cataluña na Rede de Cooperación Rexional “Los Cuatro Motores para Europa” e co apoio do Secretariado do Congreso Mundial de Educación Ambiental.
Este acontecemento converteuse gradualmente nun foro importante de discusión entre institucións europeas, gobernos de todos os niveis, sociedade civil e grupos de interese en educación ambiental co obxectivo de coñecer proxectos doutros países e buscar colaboracións internacionais.
Máis información nesta ligazón