Do 2 ao 4 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra, celébrase a novena edición de Culturgal, organizada pola asociación do mesmo nome e co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da AGADIC, da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Concello de Pontevedra. En Culturgal conflúen as ideas, iniciativas e proxectos que cada día levan a cabo profesionais e entidades e que posibilitan a forza e proxección da acción cultural en Galicia. Nesta nova cita do sector cultural galego, o lema xirará ao redor da construción comunitaria da cultura do futuro.