Coordinador de Benestar e Protección en centros educativos
Conscientes da necesidade de contribuír á protección da infancia e a adolescencia fronte á violencia, a Fundación Mª José Jove organiza este curso dirixido ao profesorado co fin de formalo para o desempeño da figura de Coordinador de Benestar e Protección no seu centro educativo, unha figura que nace cos cambios introducidos recentemente pola LOMLOE.
O curso, de 80 horas de duración e homologado pola Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Xunta de Galicia, impartirase en modalidade en liña e presencial, un día á semana en horario de tarde, entre os meses de xaneiro e maio de 2022.
Este programa diríxese a persoal docente e directivo de ensinos múltiples, docentes, coordinadores e persoas interesadas en impulsar o Benestar Educativo.
Prazo de inscrición: do 20 de decembro de 2021 ata o 18 de xaneiro de 2022.