Congreso internacional sobre Investigación na Didáctica das Ciencias
Data inicial
Data final
Lugar
Sevilla
Logros do pasado e retos do futuro
A revista Enseñanza de las Ciencias organiza a 10ª edición do Congreso Internacional sobre Investigación na Didáctica das Ciencias. Nesta ocasión, o congreso celebrarase na cidade de Sevilla do 5 ao 8 de setembro de 2017.
Baixo o lema “A investigación en Didáctica das Ciencias. Logros do pasado e retos do futuro” o congreso quere sintetizar e valorar as achegas realizadas desde a didáctica das ciencias experimentais á mellora da educación científica desde a súa constitución formal como área de coñecemento, hai algo máis de 30 anos, e analizar os retos máis importantes que debe abordar no momento actual.
Por iso, organízase o contido do congreso sobre tres grandes temáticas, que serán o fío condutor deste:
- Como reducir a brecha entre investigación e práctica docente?
- Que educación científica é relevante no contexto científico actual?
- Que educación científica é relevante no mundo actual?