Congreso Internacional IAEVG 2016
Este Congreso Internacional está organizado de forma conxunta polos Departamentos MIDE II-OEDIP (Orientación Educativa, Diagnóstico e Intervención Psicopedagóxica) e MIDE I (Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación I), así como polo profesorado doutros departamentos da Facultade de Educación e persoal do COIE da UNED, en colaboración coa Asociación Española de Orientación e Psicopedagoxía (AEOP), entre outras organizacións.
Con este encontro preténdese contribuír ao debate sobre o papel da Orientación como elemento clave na promoción da equidade nos diferentes ámbitos, contextos e espazos onde se desenvolven as persoas,así como servir de vehículo para establecer e manter redes de cooperación para a consecución de metas sociais.
O evento celebrarase no edificio de Humanidades da UNED en Madrid, do 15 ao 18 de novembro de 2016.