Congreso Internacional de Toponimia no Camiño de Santiago
Data inicial
Data final
Lugar
Santiago de Compostela
A Real Academia Galega organiza o Congreso Internacional de Toponimia no Camiño de Santiago en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación Galega de Onomástica, e mais co apoio económico da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia.
O encontro, que terá lugar do 21 ao 23 de setembro na Facultade de Filoloxía da USC, impulsará as novas investigacións sobre os nomes de lugar en Europa, a través dunha chamada á sistematización dos estudos científicos sobre a toponimia das distintas rutas xacobeas.
A matrícula no encontro é gratuíta.