Esta xornada, que se desenvolverá no Consello da Cutura galega o venres 4 de abril, pretende visibilizar e difundir dinámicas consolidadas de pedagoxía do cine nas aulas galegas, da primaria á universidade; tender pontes entre ensino e audiovisual profesional, grazas á perspectiva de institucións como a Filmoteca de Galicia, o Consello da Cultura ou a Agadic, así como facer un intercambio con prácticas de Portugal.
A inscrición é gratuíta. O número de prazas é limitado (100 persoas) que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.