CILHI 2022
Data inicial
Data final
Lugar
Roma (Italia)
Congreso Internacional de Lingüística Hispánica
Este congreso configúrase como un foro de intercambio entre estudosas e estudosos que, desde múltiples perspectivas, desenvolven a súa investigación no ámbito específico da lingüística hispánica, disciplina que se dedica á análise científica da lingua española.
Esta primeira edición de CILHI ten o dobre obxectivo de explorar as diferentes vertentes da lingüística hispánica contemporánea e de destacar as tendencias emerxentes nos estudos sobre o español levados a cabo mediante ferramentas propias da lingüística.
Nesta edición do Congreso, a participación realizarase de maneira virtual, en directo (as conferencias plenarias) e en diferido (as comunicacións nas seccións temáticas).