CIBER.gal
Compartindo obxectivo co Mes Europeo da Ciberseguridade, a Xunta de Galicia, a través do Nodo CIBER.gal, celebrará o V Encontro Galego de Ciberseguridade os días 5, 6 e 7 de novembro na Cidade da Cultura. O evento acolle actividades destinadas a toda a sociedade galega, dende administracións públicas, provedores de servizos, profesionais do sector e do tecido empresarial en xeral ata familias, estudantes, centros educativos e cidadáns en xeral.
Contará coa participación de recoñecidos profesionais, e realizaranse sorteos entre todos os asistentes presenciais.
As tres xornadas poderán seguirse de forma presencial ou en liña, previa inscrición nesta ligazón, con prazas limitadas para a asistencia física. A participación é totalmente gratuíta ata completar aforo.