Organizado pola Federación Española de Sociedades e Profesores de Matemáticas (FESPM) xunto á Federación Iberoamericana de Sociedades de Educación Matemática (FISEM), o Congreso Iberoamericano de Educación Matemática (CIBEM) é un evento dirixido a todos os profesores de matemáticas e outros interesados nesta materia, que na súa oitava edición centrarase en compartir experiencias entre profesionais para coñecer e debater sobre novas metodoloxías, materiais e recursos sobre o ámbito matemático.