A Unidade de Apoio Ambulatorio de BATA, organización sen ánimo de lucro que desenvolve servicios e programas orientados ás persoas con trastornos do espectro autista e as súas familias, organiza a súa próxima xornada formativa o sábado 18 de febreiro de 2017 no Pazo da Cultura de Pontevedra. O obxectivo é facer reflexionar, tanto a profesionais como a familias, sobre posicionamentos e criterios preestablecidos sobre o que se entende polo Trastorno do Espectro do Autismo. Contarase coa participación de diferentes ponentes que compartirán as súas experiencias persoais, reflexións e coñecementos sobre esta temática.