O IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico (SIALNI4) celebrarase os días 3 e 4 de outubro de 2024 na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. O evento aspira a converterse nun lugar de encontro de referencia para os académicos que se dedican á investigación da realidade lingüística do noroeste ibérico.