Arte e medio ambiente
Data inicial
Data final
Lugar
Castelo de Sta. Cruz (Oleiros - A Coruña)
Da creación á sensibilización ambiental
O CEIDA organiza este curso dirixido a educadores, xestores ambientais e socioculturais e, en xeral, persoas interesadas na arte e no medio ambiente. O evento celebrarase no Castelo de Sta. Cruz (Oleiros - A Coruña) do 19 ao 21 de xuño de 2019. Os obxectivos que se perseguen son:
- Coñecer as posibilidades da arte como recurso de sensibilización e participación ambiental.
- Reflexionar sobre o papel das iniciativas de construción artística en e pola contorna e o seu impacto psicosocial.
- Analizar a evolución da mirada artística sobre o medio ambiente.
- Revisar experiencias significativas e programas relevantes de impulso da arte en favor da sostibilidade.
- Desenvolver técnicas e procedimentos de expresión artística sobre a contorna.