Aprender a emprender: aulas proactivas
Data inicial
Data final
Lugar
Vigo (Pontevedra)
A Asociación Anllar organiza no IES Rosais 2 (Vigo) as 16º Xornadas do ensino que, nesta ocasión, teñen como tema de fondo o fomento do emprendemento co alumnado, pola súa importancia para promover a súa autonomía e o afán de superación. Os beneficios desta práctica son múltiples: desenvolve a creatividade, a asertividade, a confianza e o pensamento positivo. Por outra banda, tamén mellora a capacidade para resolver conflitos e tomar decisións.
Os obxectivos que se pretenden acadar son:
- Desenvolver a competencia de iniciativa persdoal e emprendedora.
- Valorar o comportamento emprendedor e aproveitar recursos.
- Coñecer técnicas e metodoloxías innovadoras e creativas.