Apaixónate
Estas Xornadas, organizadas pola Subdirección de Formación Profesional, dentro do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia eduemprende, están dirixidas principalmente aos orientadores dos centros integrados de Formación Profesional (CIFP), aos titores de viveiros de empresas dos CIFP, aos coordinadores de emprendemento e ao profesorado de FP da especialidade de formación e orientación laboral (FOL).
Trátase dunha xornada formativa de temática transversal que contará coa participación de persoas relevantes do ámbito non educativo, na fórmula de conferencias de non máis de 30 minutos.
Celebrarase no CIFP Politécnico de Santiago o vindeiro sábado 13 de maio de 2017. data límite de inscrición: venres 5 de maio.
Máis información en FPROFE