Adolescentes cyborg e saúde mental
ASEIA (Asociación para a saúde emocional na infancia e na adolescencia) organiza, o vindeiro venres 24 de marzo, de 16:30h a 19:30h, un encontro formativo en liña a cargo de Ricardo Fandiño Pascual, doutor pola Universidade de Vigo, psicólogo clínico e coordinador xeral de ASEIA.
A emerxencia das TRICs (Tecnoloxías da relación, información e comunicación) supuxo un cambio paradigmático na infancia e adolescencia, xa que resultan determinantes na construcción da súa identidade. Podería decirse que os nenos, nenas e adolescentes, non “están” en internet, senón que “son” en internet.
Cales son as implicacións psicolóxicas desta nova normalidade? Dende que lugar nos debemos de situar os adultos para acompañar as infancias e adolescencias no mundo de hoxe? Destas e doutras cuestións tratará esta próxima formación.