A intelixencia artificial: un novo desafío para o ensino da lingua, literatura e cultura galegas na educación secundaria
Data inicial
Data final
Lugar
Santiago de Compostela
Esta xornada, que se celebra no Consello da Cultura Galega, pretende reflexionar sobre os desafíos que traen estas tecnoloxías, especialmente a intelixencia artificial, e sobre o impacto que teñen na docencia de lingua, literatura e cultura galegas no ensino medio. Tamén se procura identificar as oportunidades que nos ofrecen e propoñer, de ser posible, algunhas claves para afrontar unha realidade que xa temos dentro das aulas.
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas). As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.