A atención temperá durante o embarazo e nos primeiros anos de vida. Factores de risco e protección
Debida a incidencia que teñen múltiples factores durante o embarazo, e mesmo antes, no desenvolvemento normalizado dos nenos e nenas, inclúese neste plan de formación en atención temperá 2016, a adquisición de coñecementos sobre un territorio que tamén é biopsicosocial: o campo da prevención.
A interferencia e interdependencia de factores como a xenética, a alimentación, a exposicións a produtos tóxicos, ruídos, e moitos outros factores físicos e ambientais van ter repercusión na calidade de vida do neonato. Todo isto xustifica a inclusión desta materia na formación dos profesionais que deben traballar con menores de 0-6 anos e as súas familias, dado que a prevención é un dos piares fundamentais nas políticas públicas de atención temperá de Galicia.