4º Semana de Convergências Portugal - Galicia
Data inicial
Data final
Lugar
Padrón (A Coruña), Braga (Portugal) e Santiago de Compostela
O Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a formación Canto D'Aqui, a Câmara Municipal de Braga e as juntas de frêguesia de Nogueiró e Temões impulsan esta iniciativa colaborativa co obxectivo de irmandar as dúas beiras do Miño a través da música, da poesía e da palabra.
Por primeira vez, este ano as actividades da 4ª Semana Cultural celebraranse, ademais de na cidade portuguesa de Braga, en Padrón e en Santiago. Na casa de Rosalía de Castro situada en Padrón celebrarase a inauguración cun concerto de Canto D'Aqui e Iria Estévez. Na capital de Galicia terá lugar a clausura cun concerto de Canto D'Aqui, Uxía e a Banda Municipal de Santiago de Compostela.