28º Encontros de Didáctica das Ciencias Experimentais
Promovidos pola Asociación Española de Profesores e Investigadores en Didáctica das Ciencias Experimentais (APICE) e organizados pola área de Didáctica das Ciencias Experimentais da Universidade da Coruña, celebraranse estes encontros entre os días 3 e 7 de setembro de 2018 na Facultade de Ciencias da Educación da Coruña. A principal motivación é a busca da mellora nos procesos de ensinanza e aprendizaxe das Ciencias nos diferentes niveis educativos e a análise dos retos máis importantes que deben abordarse no momento actual.
Os traballos para o evento poderán presentarse como comunicación oral, póster ou simposio e o prazo de remisión será do 15 de decembro de 2017 ao 28 de febreiro de 2018.
No marco dos Encontros está prevista a realización da 4ª Escola de Doutorado para os días 3 e 4 de setembro de 2018, dirixida ao alumnado de doutorado.
Está solicitada a homologación como actividade de formación permanente do profesorado á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria